A TEORÍA CELULAR E A SÚA IMPORTANCIA EN BIOLOXÍA:
O descubrimento do mundo lmicroscópico realízase no seculo 17, cando o holandés Leeuwnhoek, utilizando un microscopio sinxelo construído por el mesmo, observou unha pinga de auga de chuvia, onde atopou un mundo novo, poboado por diminutos seres que nadaban vetixinosamente.
Uns anos máis tarde, en 1665, o científico inglés Robert Hooke, usando un rudimentario microscopio, observou que a cortiza estaba formada por pequenas cavidades regulares ás que lles chamou células, querendo significar celas ou habitacións pequenas.
Co perfeccionamento dos microscopios na primeira metade do século 19, o botánico escocés Robert Brown, en 1831, observou a presenza constante dun corpúsculo no interior das células vexetais, ao que denominou núcleo e destacou a súa importancia como elemento básico da estrutura celular.
Os biólogos alemáns Schleiden e Schwann, en 1838, formulan a denominada teoría celular, que consiste na xeneralización de que todos os seres vivos están enteiramente constituídos por células e produtos celulares.
En 1855, Virchow comprobou que as células só poden orixinarse por reprodución de células preexidstentes, e Pasteur, en 1859, demostrou que non existe a xeración espontánea.
En 1933, Santiago Ramón y Cajal demostrou que as neuronas non estaban unidas de seu formando unha rede, senón que eran células independentes. Este descubrimento da individualidade da neurona concedeu á teoría celular validez universal.
Actualmente, a teoría celular resúmese nos principios seguintes:
- A célula é a unidade estrutural e funcional de todos os seres vivos.
- A actividade dun organismo é o resultado da actividade das células que o compoñen. A solución de todos os problemas biolóxicos debe buscarse nos procesos celulares.
- Toda célula procede sempre doutra célula.
A TEORÍA CELULAR E A ESTRUTURA DOS SERES VIVOS
Os creadores da teoría celular, os científicos Schleiden e Schwann, sinalaron que todas as plantas e animais son agrupacións de células dispostas conforme as leis definidas.
Existen miles de especies de seres unicelulares, nos que unha célula constitúe o organismo completo, pero todos os organismos pluricelulares procedemos dunha soa célula que, logo de repetidas divisións, dá lugar a grupos de células especializadas, ou tecidos, que desempeñan distintas funcións.
Os órganos están constituídos por diferentes tecidos e realizan funcións específicas. Os aparellos ou sistemas de órganos constan de varios órganos que contribúen a unha función determinada. Un organismo está formado por un conxunto de aparellos. A actividade dun organismo é o resultado, en definitiva, da actividade das células que o compoñen.
OS COMPOÑENTES DAS CÉLULAS
A materia que compón as células, exceptuando a auga e os sales, está formada por moléculas orgánicas, é dicir, moléculas que conteñen carbono.
Todas estas moléculas pódense agrupar en catro grandes clases:
- GLÍCIDOS OU HIDRATOS DE CARBONO:
Están formados por C, H e O e clasifícanse en:
-Monosacáridos: Constan dunha soa mole´cula, como a glicosa, a frutosa e a ribosa
-Disacáridos: Están formados por dúas moléculas de monosacáridos, como a sacarosa e a lactosa. Os monosacáridos e os disacáridos teñen sabor doce e chámanse azucres.
-Polisacáridos: Non teñen sabor doce e desempeñan funcións de almacenamento de enerxía e de formación de estruturas celulares.
Os principais polisacáridos son: o amidón ou fécula eo glicóxeno, a celulosa, que é un compoñente da parede das células vexetais; e a quitina, que entra na composición do exoesqueleto dos artrópodos e das paredes celulares de moitos fungos.
-LÍPIDOS
Os lípidos están formados por C, H e O, aínda que algúns conteñen tamén N e P. Os máis importantes son os seguintes:
-Graxas ou triglicéridos: que serven como depósitos de reserva enerxética, pois ao oxidarse durante a respiración celular proporcionan máis do dobre de enerxía que os glícidos ou as proteínas
-Fosfolípidos: que constitúen a estructura das membranas celulares.
-Ceras: que forman cubertas protectoras nas follas e os froitos, así como na pel, o pelo ou as plumas.
-Terpenos: que forman pigmentos e substancias olorosas nos vexetais e tamén algunhas vitaminas, como a A, E e K
-Esteroides: forman vitaminas, como a D, hormonas, como as sexuais e as da cortiza suprarrenal, ácidos biliares e o colesterol.
-PROTEÍNAS
Están constituídas por C, H, O, N e S. As proteínas están formadas pola unión de 20 unidades diferentes de moléculas denominadas aminoácidos.
As súas principais funcións son as seguintes:
-Son compoñentes das membranas e os orgánulos celulares.
-Os encimas catalizan reaccións celulares. A gran maioría dos enzimas son proteínas.
-Son vehículo de transporte de certas moléculas, como a hemoglobina que transporta o osíxeno.
-Regulan e coordinan procesos, como moitas hormonas.
-Son responsables da contracción muscular, como a actina e a miosina, das células musculares.
-Teñen acción defensora, coma os anticorpos, que son proteínas.
-Nalgunhas ocasións subministran enerxía.
-ÁCIDOS NUCLEICOS
Están constituídos por C, H, O, N e P. Os ácidos nucleicos están formados pola unión de compoñentes denominados nucleótidos.
-O ADN: é a molécula portadora da información hereditaria da célula e contén as instrucións necesarias para o desenvolvemento dos organismos.
-O ARN: recibe a información do ADN e encárgase de sintetizar as proteínas.

A continuación veremos imaxes dos compoñentes das células que aparecen nas comidas diarias.
GLÍCIDOS
LÍPIDOS
PROTEÍNAS
A ESTRUCTURA DA CÉLULA
A utilización kdo microscopio permitiu aos científicos coñecer a estrutura dos seres vivos e puxo en evidencia que todo organismo estaba formado por diminutas estruturas elementais, as células, que presentaban todas as características dun ser vivo, xa que eran capaces de realizar todas as funcións vitais.
A ESTRUCTURA DA CÉLULA EUCARIOTA
As células eucariotas son moito máis grandes e complexas que as procariotas e poden ser animais ou vexetais. Caracterízanse porque teñen o material xenético dentro ldun núcleo, rodeado por unha membrana nuclear.
Na célula eucariota distínguense:
-A membrana plasmática. É unha capa continua que rodea a célula e controla o intercambio de substancias co exterior.
-O citoplasma. É o contido da célula, situado entre a membrana plasmática e a membrana nuclear. Está constituído por un medio líquido, ou citosol, formado por auga e todas as substancias solubles do citoplasma, onde están dispersos os orgánulos celulares.
-O núcleo. É un orgánulo que dirixe a actividade da célula. Está rodeado por unha dobre membrana que posúe poros. Contén un líquido, o nucleoplasma, onde se atopan o nucléolo e a cromatina.
.O nucléolo está formado por ARN e proteínas e intervén na formación dos ribosomas.
.A cromatina está formada por ADN e proteínas. Ao principio da división celular experimenta un enrodelalmento, orixinando os cromosomas.
As células eucariotas vexetais ademais posúen:
-Unha parede celular, que recobre e protexe a membrana, constituída por unha trama de fibrilas de celulosa acompañada doutros compoñentes.
-Uns orgánulos chamados cloroplastos onde se realiza a fotosíntese.
-Unhas cavidades ou vacúolos onde a célula garda distintas substancias.
IMAXES DA CÉLULA VEXETAL E ANIMAL (respectivamente)