MITOSE:
-A DIVISIÓN DO NÚCLEO (cariocinesis)
Denomínase mitose á división do núcleo celular e á distribución dos cromosomas entre as dúas células fillas, de forma que ambas reciban idéntico núlmero de cromosomas.
Nos animais, a mitose ocorre practicamente en todos os tecidos, non obstante, nas plantas, a mitose só ocorre en determinados tecidos, chamados meristemos, que son os encargados de dividirse e dar lugar aos demais tecidos da planta.
O movemento dos cromosomas durante a mitose está controlado por estruturas do citoesqueleto celular: centriolos e fuso mitótico, aos cales se ancoran os cromosomas. Os centriolos só están presentes nas células animais.
Aínda que a mitose é un proceso continuo, divídese en varias etapas, que permiten estudar mellor os fenómenos que teñen lugar. As etapas da mitose denomínanse: profase, metafase, anafase e telofase.
-A DIVISIÓN DO CITOPLASMA: (citocinese)
Despois da mitose, prodúcese a citocinese ou división do citoplasma entre as dúas células fillas.
Normalmente ocorre durante a telofase:
-Nas células animais, os microtúbulos producen un suco que vai estrangulando á célula nai ata que as dúas células fillas se fani independentes. Os orgánulos e o resto do citoplasma repártense entre as células fillas.
-Nas células vexetais non se produce por estrangulamento, dibido á rixidez da parede celular. No seu lugar, fórmase unha placa celullar que separa as dúas células fillas e que dará lugar á nova parede celular.

MEIOSE
Na reprodución sexual, durante o proceso de fecundación, prodúcese a unión de dous gametos que dá lugar a unha nova célula, ou cigoto. O cigoto mediante divisións sucesivas dará lugar a un novo individuo.
Os gametos son células diferentes ás demais células do organismo, xa que conteñen só a metade de cromosomas. Desta forma, ao unirse dous gametos, o cigoto resultante posuirá o número correcto de cromosomas, característico de cada especie.
Os gametos fórmanse mediante un tipo especial de división, denominada meiose, a través da cal o número de cromosomas se reduce á metade.
A meiose consiste en dúas divisións celulares consecutivas ( meiose I e meios II), semellantes a unha mitose, pero entre as ddque non se produce duplicación do ADN.
Como resultado, fórmanse catro células coa metade dos cromosomas que a célula nai. A meiose só ten lugar durante a formación dos gametos ( células hap
loides).
ETAPAS DA MEIOSE
1-Profase temperá I: nesta os cromosomas duplicáronse durante a interfase, acúrtanse e fanse visibles; conteñen dúas cromátidas como na mitose. Aparéanse formando tétrades.
2-Profase tardía I: as cromátidas de cromosomas homólogos poden entrecruzarse e producir o intercambio dee porcións cromosómicas, que permitirán a recombinación xenética.
3-Metafase I: os centiolos, en polos opostos da célula. As tétrades insírense no fuso e sitúanse no centro. As cromátidas amosan que houbo intercambio de segmentos cromosómicos entre elas.
4-Anafase I: as tétrades comezan a separarse, os cromosomas homólogos migran cara aos polos da célula. Cada cromosoma contén as súas dúas cromátidas, estas non se separaron.
5-Telofase I: os cromosomas nos polos da célula. Fórmase a membrana nuclear e o fuso desaparece. Separación das dúas células fillas ( citocinese). O resultado son dúas células haploides.
6-Profase II: a meiose II é esencialmente igual que unha mitose. Desparece a membrana nuclear e os centriolos migran cara aos polos da célula e forman as fibras do fuso.
7- MetafaseII: os cromosomas insírense de novo nos microtúbulos do fuso e dispóñense no centro da célula. Obseva como cada cromosoma segue estando formado por dúas cromátidas.
8-Anfase II: prodúcese a separación das dúas cromátidas de cada cromosoma e migran polas fibras do fuso cara aos polos opostos da célula. Iníciase a división do citoplasma.
9-TELOFASE II: as cromátidas chegaron aos polos da célula, desaparece o fuso, fórmase a membrana nuclear e divídese o citoplasma. O resultado son catro células haploides.