Las teorías de la vida.
A TEORÍA DE LAMARCK:
No século XVIII, o francés Jean Baptiste Lamarck foi o primeiro naturalista que desenvolveu unha teoría da evolución, na que explicaba os seus mecanismos. Esta teoría propón os seguintes postulados:
Os seres vivos teñen unha tendencia innata ao seu perfeccionamento, que lles permite adaptarse aos ambientes máis diversos.
Lei do uso e desuso dos órganos. Os cambios do ambiente crean necesidades nois organismos, para adaptarse ás novas condicións de vida. Isto orixina un aumento ou diminución no uso dalgúns órganos, o que implica o seu maior ou menor desenvolvemento e a conseguinte modificación do organismo.
A función crea o órgano. Cando os cambios ambientais orixinen necesidades completamente novas, poden xurdir, como resposta, órganos totalmente novos.
Herdanza dos caracteres adquiridos. Para que os novos caracteres se perpetúen e acrecenten nas posteriores xeracións, teñen que ser hereditarios.
Deste xeito, segundo afirmaba Lamarck, por adaptación aos diferentes ambientes, foron xurdindo durante millóns de anos as distintas especies que habitan o noso planeta.
A teoría de Lamarck é moi fácil de aceptar intuitivamente e exerceu unha grande influencia no pensamento biolóxico, pero comprobouse que é errónea. Todos os intentos que se fixeron para demostrar a herdanza dos caracteres adquiridos (que é o punto clave da teoría) fracasaron rotundamente.
A TEORÍA DA SELECCIÓN NATURAL:
A mediados do século XIX, o naturalista inglés Charles Darwin deu a coñecer unha teoría, moi polémica no seu momento, que intentaba explicar a evolución biolóxica: a teoría da selección natural.
Antes de publicar as súas teorías sobre a evolución, Darwin recibiu un artigo escrito por Alfred Russell Wallace, un novo naturalista que estudaba a distribución de plantas e animais na Polinesia.
Wallace expoñía un concepto da selección natural ao que chegara de forma independente, pero con resultados análogos aos de Darwin. A coincidencia de ambos científicos era case completa.
De mutuo acordo, Darwin e Wallace presentaron á Linnean Society de Londres, en 1858, un artigo conxunto no que formulaban a súa teoría. Ao ano seguinte, Darwin publicou a súa obra A orixe das especies. A sona de Wallace resultou escurecida pola de Darwin e o seu nome é hoxe practicamente descoñecido, aínda que a súa obra constitúe unha achega considerable á corrente evolucionista.
O NEODARWINISMO:
O neodarwinismo, ou teoría sintética da evolución, nace cara a 1930, da unión da teoría darwinista da selección natural cos coñecementos achegados pola Xenética e outras ciencias biolóxicas. Esta teoría resultou moi frutífera e é admitida pola maioría dos científicos.
Hoxe sabemos que soamente as diferenzas hereditarias (causadas polas mutacións), que se producen ao chou en todos os organismos, constitúen a materia prima da evolución, kpois sobre elas actúa selección natural.
O neodarwinismo afirma que as mutacións e a selección natural se complementan entre si, e ningún destes procesos, por si só, pode dar lugar a un cambio evolutivo.
O FIXISMO E O CATASTROFISMO:
Unha teoría que gozou de gran credibilidade durante séculos foi a teoría fixista ou fixismo, que consideraba que todas as especies eran invariables (fixas) e foron creadas ao principio dos tempos. Os fósiles considerábanse caprichos da natureza (pedras que parecen cunchas ou ósos, por exemplo) ou especies que desapareceron por catástrofes diversas, pero sen relación cos seres actuais.
Outra teoría, a teoría das creacións sucesivas ou teoría catastrofista, tratou de facer compatible o fixismo coa existencia dos fósiles. Segundo esta teoría, a Terra estivo poboada por unha sucesión de floras e faunas independentes de seu.
Estes seres vivos eran produto de actos creadores seguidos de aniquilacións catastróficas, a última das cales foi o diluvio universal. Fixouse a idade da Terra en 70000 anos e chegáronse a contabilizar ata 27 creacións distintas.
Hoxe sabemos que no pasado viviron especies distintas ás actuais. Moitas extinguíronse sen deixar rastro e outras deixaron descendentes máis ou menos modificados.